sábado, 3 de febrero de 2007

SOBRE AS DECLARACIÓNS DO REITOR

O Sr. Reitor cando lle preguntan os periodistas polo noso conflicto responde, moi pagado de sí mesmo "ese no es mi problema, que lo resuelvan ellos". ¿que vos parece? ¿Tiñades visto algunha vez algún cargo menos estresante que o de reitor? ¡olé! ¡olé! y ¡olé!, eso sí é tomar as cousas con calma, sí señor. Pois sepa vostede Sr. Gago (resístome a chamalo reitor agora) e vostede Sr. Castro, e un tal Pedro, amanuense seu en funcións, que SÍ, efectivamente, estamos moi cómodos na súa oficiña, aínda máis, temos decidido deixar de empregar material de campaña e instalarnos cómodamente cos aparellos que precisemos para unha longa estadía na Reitoría. Si o que vostede espera é un desgaste pola nosa parte e imaxina que pouco a pouco iremos abandonando este magnífico lugar onde se supón que traballa a "intelligentsia" desta institución, vaia a darse un chapuzón á piscina, porque NON, aquí nos quedaremos ata que vostede e o seu equipo recuperen a memoria e lembren que si cada fin de mes a súa conta corrente bota por fora, é co diñeiro público que os cidadáns graciosamente depositan no seu banco para que exerza as funcións que se lle encomendaron e solucione os problemas da súa empresa (nunca mellor dito, sobre esto falaremos noutra ocasión).
Un pechado dixit.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Pero que papo teñen alguns!!! en fin...

Anónimo dijo...

Dudo que el rector hable en español. Menudo fake, como todo este blog