viernes, 16 de febrero de 2007

ESTE POST SÓ É PARA COMENTAR A ASAMBLEA DE HOXE, FALADE POR FAVOR, É O QUE NOS QUEDA...


9 comentarios:

Un pechado dijo...

Estou abraiada, o que se fixo, votar SI/NON á mediación sen ter en conta as propostas que se fixeron, moi atinadas por certo (RPT, tempo mínimo de duración da mediación, ...) non se tiveron en conta. Iso podía terse feito a primeira hora e non se nos quitarían as ganas de comer de escoitar aos de sempre sentados nos sitios de sempre.

Anónimo dijo...

Estou de acordo co comentario anterior. Pareceume unha asemblea moi dirixida e non facía falta dar 45 quendas de palabra para despois non facer caso ás achegas da xente. Para iso, que se votase o documento da mesa nada máis empezar e santas pascuas.
De tódolos xeitos, desexo que saia o mellor no proceso de negociación, así que todos a traballar coma burros ata que consigamos o que queremos... e se non CAÑA CAÑA CAÑA

Anónimo dijo...

o ex-comité de folga fíxose responsable da mediación e incluso nos abocou a ela, imos deixar que negocien a ver que sae de ahí. Despois haberá que pedirlles responsabilidades... a todos.

Anónimo dijo...

Eu creo que esta ben a mediacion. E unha alternativa a que se veu obligado a dar o rector. Creo que as movilizacións si que derón resultados e o máis importante é a implicación do retor no tema. Outra posibilidade podería ser endurecer ás protestas pero ao final chegariamos ao mesmo sitio. A unha mediación para resolver o conflicto. Ou alguén cree que con máis caña ia vir o retor coas orellas gachas é un cheque en branco. Haber que sae da mediación. Hai que se optimistas e ir pensando xa nunha festa na reitoria para o dia da firma do convenio. ForÇa PAS Uvigo.

Anónimo dijo...

vaite ti a saber o que tivera acontecido con máis presión¡¡ o que está claro que aquí algúns tiveron que baixarse os pantalóns¡¡ esperemos que o seguinte non sexa o mediador¡¡

Anónimo dijo...

na asamblea non se fixo mais presión porque non se quixo, non podemos laiarnos do que non ocurreu porque todos somo culpables de permanecer calados...

Un pechado dijo...

Deixemos de queixarnos e seamos serios, chegar a mediación supón un fracaso non solo por a empresa que se opón a negociacion, tamén a representación sindical ten reponsabilidade,debido a desunión, pero os traballadores tamén somos responsables porque nos eleximos ós que están nesa mesa negociadora.Todos temos un grado de responsabilidade

Anónimo dijo...

para un pechado::

uns teñen máis responsabilidades que outros, neste caso os máis perxudicados seremos coma sempre os traballadoresm, namentras os sindicalistas e a patronal a velas vir¡¡

Anónimo dijo...

A culpa non ten casa, por eso todo o mundo a bota para a do outro.