jueves, 8 de febrero de 2007

PECHE REITORÍA, DÍA 22. TERCEIRO DÍA DE FOLGA. REIVINDICACIÓNS DO PAS LABORAL NA CIUDADE: EN TORRECEDEIRA.

















Hoxe día 8 de Febreiro, de 8:00 A 10:00, o PAS LABORAL da Universidade de Vigo fíxose notar e contoulle á ciudade de Vigo os motivos das súas reivindicacións. En plena rúa de Torrecedeira, onde se atopan as Escolas de Empresariais e Peritos e a Biblioteca de Torrecedeira, un centenar de traballadores e traballadoras xuntámonos outra vez para continuar coas accións de folga sinaladas pola Asemblea de Traballadores. Tal e como aconteceu o día 6 en Lagoas-Marcosende hoxe o lugar elixido foi a glorieta de Juan XXIII e o cruce de peóns que une as escolas de Peritos e Empresariais. Durante unha hora as rúas estiveron intransitables salvo para os autobuses escolares os que se lle permitiu o paso. Logo de dar voltas na glorieta portando as pancartas e "chuvasqueiros" coas peticións do colectivo, a policía e a prensa presenciaban como a comitiva subía de novo ás instalacións do Campus de Lagoas-Marcosende sen prisa e sen pausa ata completar o periplo fronte a Reitoría. Pola tarde, un día máis, de 20:00 a 22:00 reiniciarase a folga.

No hay comentarios: