viernes, 23 de febrero de 2007

Peche Reitoría.ESCRITO PROMOCIÓN DO PROCEDEMENTO DE CONCILIACIÓN -MEDIACIÓN.

O Comité Intercentros facilita os traballadores a información e contido do documento de promoción do procedemento de conciliación-mediación:

Na tarde do martes 27 de febreiro terá lugar a primeira reunión co mediador.

O procedemento, tal e como estaba anunciado, foi promovido polo vicexerente. Nos motivos do conflicto reflictense os seguintes:
"Tras el rechazo mediante referendum de un preacuerdo de convenio las tres centrales sindicales presentan una propuesta en diciembre de 06. La U. Vigo presenta nueva propuesta en enero de 07. Las más graves discrepancias se centran en los aspectos retributivos, sin prejuicio de otras discrepancias en el texto"

Achegouse a seguinte documentación:
Texto preacordo.
Diverxencias co texto das centrais sindicais.
Proposta de Convenio da U. Vigo xaneiro 07.

Hai acordo en que o mediador sexa: D. José María Casas de Ron.

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Non estou dacordo con que as principais discrepancias sexan económicas. Algúns nos xogamos moito mais no articulado, (no referente ás condicións de traballo), e non o cambiamos por cartos.
Por certo xa era hora que saira a denuncia dos servizos mínimos, se ve que é un texto moi complicado e extenso, fixeron falta 10 días para redactalo entre uns cantos!!! Qué pasou cos días de paro de duas horas?, ó mellor era mais fácil gañar ese recurso...

Anónimo dijo...

Habería que desenfocar ou borrar os teléfonos que aparecer no documento, alomenos o móvil

Un pechado dijo...

Tes razón, agora que o Comité Intercentros informou do asunto imos transcribir directamente a súa mensaxe. Grazas polo aviso

Anónimo dijo...

Paseniño pero facendo ben as cousas.. todo se andará