miércoles, 21 de febrero de 2007

Peche Reitoría. O PAS LABORAL TRABALLA NO CACTI.































Como dicíamos nunha entrada anterior: hai máis actividade do PAS LABORAL agochada entre as moles de edificios. No emblemático CACTI, aínda que poda parecelo a ollos inexpertos, nin son as mesmas máquinas nin son os mesmos postos de traballo os fotografados. Nas súas mans está parte da investigación da Universidade de Vigo e baixo a súa responsabilidade un gran patrimonio. Non están todos-as pois é so unha rápida panorámica. Grazas pola vosa labor compañeiros-as.

8 comentarios:

Anónimo dijo...

Pareceme perfecto que reclamendes o que é voso, pero non tendes ningún dereito a cortar os accesos e impedir
que reciba unhas clases que paguei cun duro traballo a media xornada de estibador no porto.

A min cando as cousas me van mal non se me ocorre obstaculiza-lo traballo dos demáis.

Anónimo dijo...

se vos parece podedes facer unha ronda de fotos polo resto dos servizos, que parece que os únicos que protestan e logo traballan son os das batas brancas. Bibliotecas, conserxerias, informatica, xardineria...

Anónimo dijo...

Cando os estibadores do porto decidan plantexar melloras no seu Convenio, igual precisan que a xente entenda as suas protestas....
O mesmo cos traballadores do metal, naval, caixeiras...
Fíxate que non hai mobilizacións de altos cargos, directivos,... porque eses viven ben, o problema o temos as clases traballadoras cada día mais desfavorecidas. ¿Ou estudias tanto que non te das conta diso?. Reflexiona porque estas mobilizacións poden formar parte do teu futuro laboral, e hoxe non pensas que sexa necesario, pero arrieritos somos...

Un pechado dijo...

William Wallace esta é a primeira nota do pentagrama. Efectivamente temos intención de facer unha viaxe por todos os servizos onde o PAS LABORAL traballa co fin de conocernos un pouco mellor entre nos e que se nos recoñeza tamén na Comunidade Universitaria. O que está claro e que non apareceremos todos-as pero sí intentaremos reflectir os variados traballos que exercemos. Iniciamios a viaxe ilustrativa no CACTI pois por algún sitio tiñamos que empezar.

Anónimo dijo...

nótase ben que estaban tod@s preparad@s para as fotos¡¡

Anónimo dijo...

Tengo una duda: la gente que maneja todos esos aparatos en el CACTI tb están dentro del PAS??PAS no siginifica persoal de administración e servizos?? son de administracion...o d servicios? La pregunta no va con mala intención, sino q me he qedado pillada pensando si entonces dentro de PAS ponen todo q no sea estudiantes y profesores... pq alguien q maneja un microscopio electrónico..hombre..es un servicio para laboratorios..pero...vamos...no lo consideraría un servicio como conserjería, y desde luego no es administración. Bueno, espero q alguien me despeje esta duda, porque realmnt me intriga.

Un pechado dijo...

A dubida que plantexas e bastante común entre a comunidade universitaria e é o motivo destas fotos. Dentro do PAS hai uns compañeiros/-as que se rixen pola Función Pública (Funcionarios/Administración) e outros que se rixen por convenio colectivo (lexislación laboral: de ahí o de PAS LABORAL). Ambos somos PAS. Ademáis, hai compañeiros que sendo laborais (contrato laboral) traballan codo con codo cos compañeiros funcionarios (laborais en postos de funcionarios.
De xeito abreviado, espero ter clarificado a situación. Grazas polo teu interese.

Anónimo dijo...

Moitas gracias pola aclaración, si q me quedou claro.
Un saudo