miércoles, 14 de marzo de 2007

PECHE NA REITORÍA. FUNDIDO EN NEGRO.





Logo de 056 días, hoxe 14 -03-2007,a Asemblea decidiu levantar o peche. Dende éste queremos agradecer a todo o PAS LABORAL co mantivo latente pernoctando, facendo quendas, tomando un café e charlando cos compañeiros, chamando por telefono ou escribindo no blog do peche, etc... o esforzo realizado; tamén queremos agradecer os compañeiros-as do proceso negociador e de mediación o seu esforzo. Á Comunidade Universitaria en xeral e en particular as dúas compañeiras funcionarias que durante todos estes días sobrelevaron a nosa presencia e actividade no terceiro andar da Reitoría. Esperamos todos aprender das circunstancias vividas e telas presentes cara o futuro non tan lontano. Non podemos nin queremos esquencernos da seguridade e "pulcritude"coa que día e noite estivemos neste trance por mor da presencia e traballo dos compañeiros de Seguridade e limpeza.
Comunicase na asemblea que o sábado haberá unha "celebración fin de peche"para a xente dos tres campus pois, grazas a solidaridade de todos-as, aínda quedan cartos do fondo de resistencia. Podedes apuntarvos nas listas que circularán ou ben chamar a conserxería da reitoría.
PERMANECEREMOS ATENTOS E ALERTA E DISPOSTOS A SEGUIR TRABALLANDO.


Queda pois agradecer a todos-as os que mantiveron este blog coas suas achegas , ideas e esforzo por manter vivo o espíritu de loita do PAS LABORAL . O esforzo de informar trasladase á representación dos traballadores: o COMITÉ INTERCENTROS SERÁ QUEN INFORMARÁ DO PROCESO DE REFERENDUM, e o que sexa menester.
AB IMO PECTORE.
(Fundido en negro)

Peche Reitoría. 056 DÍAS DE PECHE.


Bos dias a todos-as, hoxe temos asemblea informativa e logo de 056 días de peche. Sendo a Asemblea quen decidiu a súa permanencia durante o período de mediación será ela mesma a que decida sobre o seu futuro. dende o propio peche damos as grazas a todos-as que contribuiron a mantelo activo.
Na Voz de galicia de hoxe sae o PECHE e unha información sobre a mediación.

lunes, 12 de marzo de 2007

Peche Reitoría.ASEMBLEAS INFORMATIVAS.

Dende o Comité Intercentros comunícase que as ASEMBLEAS INFORMATIVAS DO PERSONAL LABORAL .Como punto único da ORDE DO DÍA: Preacordo para o II Convenio colectivo do PAS laboral.

DÍA e HORA CAMPUS CENTRO
Mércores,14, ás 12:00 hs. Vigo. Paraninfo Reitoría.
Xoves, 15, ás 14:00 hs. Ourense. Edificio de Ferro
Xoves, 15, ás 14:00 hs. Pontevedra. F. Ciencias Sociais

O Preacordo para o II Convenio colectivo do PAS laboral será sometido a referendum o venres 16. As votacións realizaranse entre as 12:30 e as 16:30 horas.

Peche Reitoría. O COMITÉ INTERCENTROS PUBLICA NA SÚA WEB O TEXTO DO CONVENIO DA MESA MEDIADORA.

Na web do intercentros: http://webs.uvigo.es/intercentros/ podedes atopar a proposta de Convenio aprobada na Mesa Mediadora.

domingo, 11 de marzo de 2007

Peche Reitoría. SOLEADO RITUAL E CONTEMPLATIVO DOMINGO.




Polo que parece, a xerencia da universidade non ten acudido os cursos de protocolo que se impartiron nas súas aulas. Non lle viría mal tirar de arquivo e revisar os apuntes. A parte social, rematado o proceso de mediación as 16:00 horas, invitou a comer o sr. Casas de Ron. Dende o peche, teríamolo convidado o churrasco dominical e aplaudimos a iniciativa dos nosos compañeiros-as. Ante todo "un poquito de por favor...". As formas, educación, elegancia, protocolo, saber estar....chamalle como queiras... non deben perderse, máis cando non hai risco de caer na quebra, non deben perderse.
Metódicamente a compañeira cambia o número de días de peche na reitoría: 53. A espera da información que saia o luns da mesa de negociación, teremos logo tempo de ler o texto, que se convoquen as asembleas necesarias e se inicie o proceso de votacións. Namentras, o peche mantido todos estes longos días por decisión da propia asemblea de traballadores espera a decisión da mesma sobre o remate do seu ciclo ou non.

viernes, 9 de marzo de 2007

Peche Reitoría. DEGUSTACIÓN GASTRONÓMICA PREVIO AVISO A COCIÑA.

Comentase na noite do peche a posibilidade de facer unha degustación gastronómica este Domingo: anacos de carne de porco pasados pola brasa a fume de carozo. CHURRASCO Ó PECHE PASado ou sen PASar. Prégase confirmar asistencia o sábado mellor que o propio domingo.

Peche Reitoría. REUNIÓN DAS PARTES CO MEDIADOR.

Dende media mañá de hoxe volven a estar reunidas as partes . Desta vez está presente o mediador. Parece que xa rematou o proceso e queda comprobar o redactado. O longo da próxima semana teremos o texto e logo convocarase asemblea.
Bo fin de semana a todas-os.

jueves, 8 de marzo de 2007

Peche Reitoría. REMATE DA SERIE "O PAS LABORAL TRABALLA EN...": XARDINERÍA E ZONAS VERDES.



Os compañeiros-as de xardinería e zonas verdes pechan esta serie. A súa situación hoxe é problemática pero co apoio de todos as cousas poden e deben ir o seu sitio. Dende o peche enviámoslle o noso apoio presente e futuro e unha caricias para Lola.
Noutro orden de cousas, e pese a vosa boa disposición e facilidades, os blog- reporteiros-as non abarcaron todo o amplo territorio da UVIGO. É certo, e sabemos que non estades todos-as pero esta fiestra queda aberta á chegada das fotos que querades enviar. Coma sempre, o longo tempo non deu para máis e a esto debemos sumar o limite espacial que nos manten retidos no Campus de Vigo. Tamén as presas e a falta de orzamentos para axudas de custo, etc... Lembramos dende esta entrada os compañeiros-as de Ourense, Pontevedra e Vigo e somos coñecedores de que algúns postos e/ou servizos non aparecen aínda que todos sabemos da súa labor: Teledetección, Audiovisuais, Prevención, Telefonista, OSIX,...
GRAZAS A TODOS-AS.

Peche Reitoría. REUNIÓN ENTRE AS PARTES.

Nestes intres, as 13:00 horas, temos novas de que a parte social e a xerencia teñen unha reunión logo das conversas mantidas onte co Reitor. A intensa xornada continuará pola tarde. Coma sempre o que queira pasar polo peche está convidado -a a un café con pastas e quizais, so quizais, a unha foto sorpresa.

miércoles, 7 de marzo de 2007

Peche Reitoría. SIGUEN CHEGANDO FOTOS DE OURENSE.







Un pouco fora de tempo pero chegaron as fotos. Paga a pena, e saudamos de novo a Ourense. Dende Vigo aínda sentimos os seus pitidos e o seu alento. De novo grazas a todas-os polo voso esforzo e compromiso.

Peche Reitoría. A PARTE SOCIAL FALOU CO REITOR

As 17:00 horas a parte social reuniuse co reitor no seu despacho. Tal e como se comprometera no seu momento recibiunos con dilixencia. Estiveron unha media hora e parece ca negociación pode continuar.

Peche Reitoría. REMATA A MEDIACIÓN?

Onte saíron da mesa de mediación sobre as 21:30 da noite. Polo que parece non se chegou todavía a acordo total. A cousa está tensa e nalgún punto a Universidade non admite a proposta do mediador. Hoxe as partes tratarán de falar co Reitor.

martes, 6 de marzo de 2007

Peche Reitoría. O PERSOAL LABORAL TRABALLA NOS LABORATORIOS, TALLERES, DESEÑO GRÁFICO,...


Diseminados polos centros e facultades (Peritos, Industriais e Minas, Fundición, Ciencias,Belas Artes,forestais...) as veces non resulta fácil a sua localización (non teñen web) pero o seu traballo si se deixa ver. Os poucos iremos aumentando esta entrada con novas fotografías.

lunes, 5 de marzo de 2007

Peche Reitoría. 21:30 DA NOITE SAEN DA REUNIÓN.

Na reunión de hoxe ,tal e como se acordara, houbo propostas. Sabemos que o final estase valorando unha delas. Mañá pola tarde continuará a reunión as 16:30 .

domingo, 4 de marzo de 2007

Peche Reitoría. DOMINGO DE DISTENSIÓN. FORMAS E CORES.





Entre os moitos obxectos que todo o que ven o Peche pode ver danse formas e cores que non sempre identificamos. Algunhas poden resultar obvias, outras non tanto. É outro xeito de ver as cousas. Os obxectos cotiáns tamén poden ter beleza. Adiviña que veñen sendo a imáxes propostas.

sábado, 3 de marzo de 2007

Peche Reitoría. O PAS LABORAL TRABALLA NA BIBLIOTECA UNIVERSITARIA.






O PAS LABORAL de Bibliotecas teñen contacto directo cos usuarios-as atendendo as súas peticións de información sobre a Biblioteca Universitaria,o seu catálogo, préstamo e circulación libros, orientación e formación de usuarios, colocación dos fondos, expurgos, procesado de monografías e publicacións periódicas,etc..
Tamén temos compañeiros-as laborais en postos de Axudantes nas diferentes seccións da Biblioteca..

viernes, 2 de marzo de 2007

Peche Reitoría. O PAS LABORAL TRABALLA EN POSTOS DE FUNCIONARIOS, NO SERVIZO DE DEPORTES E NA OTRI.









Efectivamente, compañeiros-as do Pas Laboral traballan nas administracións dos centros en atención do alumnado, matrícula, etc..., na OTRI( Oficinas de Transferencia de Resultados de Investigación) e nas múltiples actividades do Servizo de Deportes.

Peche Reitoría. A MEDIACIÓN CONTINUARÁ O LUNS 5.

Logo da reunión mantida hoxe, os compañeiros-as na negociación informan da continuación do proceso o Luns 5 de marzo as 16:30.

jueves, 1 de marzo de 2007

Peche Reitoría. O PAS LABORAL TRABALLA NOS SERVIZOS INFORMÁTICOS.






Os compañeiros-as informáticos teñen os seus postos no edificio da Reitoría/Servicios Centrais de Lagoas Marcosende , na Biblioteca Central de Vigo e en edificios coma Teleco, pero tamén atenden as necesidades dos centros. Obviamente a sua actividade ten lugar nos tres Campus da Universidade. Servizos de Informática de Xestión, UvigoTV, FAITIC (Servicio de Teledocencia), Servizos informáticos de Investigación...