jueves, 1 de febrero de 2007

Peche Reitoría. Comunicado do Comité de Folga sobre a folga do día 02-02-07. Día 15 de peche.

Escola de Peritos. Biblioteca de Torrecedeira. Dada a situación do Pas Laboral e ante as convocatorias de Folga que se inician mañá día 2-02-07 esperamos que a comunidade universitaria e o alumnado en particular entenda e comparta o noso problema. Cando rematen os seus estudos terán que enfrentarse ó mundo laboral esperemos que non teñan que tomar as iniciativas que hoxe tomamos nos . GRAZAS.


Hoxe, decimoquinto día de peche as 12:56 o Comité de Folga emitiu un comunicado sobre a folga de mañá día 2 de Febreiro do que informamos de seguido:


COMUNICADO DO COMITÉ DE FOLGA:

De cara o paro convocado para mañá,2-2-07, informamos do seguinte:


1. Celebraremos ás 8:00 e ás 20:00 horas unha asemblea de traballadores por campus:


. Fronte o edificio de Ferro no campus de Ourense


. Fronte a entrada da E. U E. T. Forestais no campus de Pontevedra


. Na praza da reitoría no campus de Vigo .


. Na entrada da escola de Peritos en Torrecedeira



2. As persoas designadas para os servizos mínimos, deben permanecer no centro durante as horas do paro, de 8:00 a 10:00 en quenda de mañá e de 20:00 a 22:00 en quenda de tarde.



3. Non entorpecer nin impedir o acceso ó centro as persoas que non participen no paro, pero podedes informar amablemente das circunstancias do conflicto.



4. É preciso a participación de todos nestas accións para acadar o obxectivo dun Convenio Xusto coa maior celeridade


Un saúdo


Podedes levar algunhas cámaras dixitais e facer fotos para enviar ó noso blog ou ó correo@ aafr@uvigo.es. Tamén podedes facer fotocopias dos comunicados lidos polos nosos representantes no Consello de Goberno ou no acto de Santo Tomé.

Asistide as asembleas e arroupar os compañeiros-as que teñen que facer os servizos mínimos. Todos xuntos.

Grazas a todos-as.

POR UN CONVENIO XUSTO XA.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

O comunicado do Reitor non di nada de permanecer nos centros, só fala de abrir e pechar

Anónimo dijo...

Os servizos xuridicos do peche afirman que os compañeiros que teñen que cubrir os servizos mínimos deben permanecer no centro de traballo, deixadevos de silicoñas, e non fagades tonterías que vos xogades algo máis que o cu