domingo, 18 de febrero de 2007

Peche Reitoría. DESCOÑECEMENTO DO PAS LABORAL.

Logo da lectura dalgún foro de facultade e escola universitaria vimos de constatar o descoñecemento e confusión que en xeral ten a Comunidade respecto do PAS LABORAL. Confusión entre os estudiantes que tamén se aprecia no propio profesorado.
Para intentar aclarar algo este tema é necesario recurrir á norma básica do PAS LABORAL que é o seu convenio colectivo . No vixente aparece reflectida no Anexo II a Clasificación por grupos e categorías. Así, detrás da xenérica denominación despectiva de "bedeis"e "bibliotecarios", primeira liña da Universidade cara á propia comunidade universitaria e cara á propia sociedade (recepción en mostradores, control, reparación, mantemento e posta a punto de edificios, información á comunidade, formación e información sobre catálogos, recursos bibliograficos e documentais, bases de datos...) aparecen os compañeiros-as telefonista, técnicos especialistas de xardinería e zonas verdes, biblioteca, servicios xerais, taller de Belas Artes, Raios X e susceptibilidade magnética, mecanizado de alto baleiro, mecánica, máquinas-ferramentas (E.P.F e CACTI), laboratorios (química, física, bioloxía), electrónica (tecnoloxía electrónica e C.A.C.T.I), delineación (forestais e expresión gráfica), capataz forestal, automatización industrial, análise instrumental, análise dos alimentos, actividades deportivas, de transporte e distribución,informática (xestión de redes e sistemas operativos) técnico medio de tecnoloxías da información e as comunicacións/técnico especialista informática (programador)/técnico especialista informática (operador), os enxeñeiros técnicos, xestor cultural, técnico medio de tecnoloxía da información e as comunicacións, técnicos superiores de I+D, ORI, actividades culturais, actividades deportivas, análise instrumental, microscopía electrónica, de tecnoloxías da información e as comunicacións/analista.... todos eles e elas facilitan -coa profesionalidade do seu traballo e oficio- unha boa docencia, unha mellor investigación, e unhas actividades e servizos de calidade. Todo é mellorable, é certo, e o PAS LABORAL , como parte da Comunidade Universitaria, traballa e traballará neste obxectivo de mellora como ven facendo dende sempre.

1 comentario:

Anónimo dijo...

deberíais enviar este escrito en contestación de los comentarios del foro de Teleco, a ese mismo foro, informándoles también de que no queremos cobrar lo mismo que ese administrativo de departamento con el que parece querer compararse el cuadro de "bedelería", !!Dio-lo fixera mellor¡¡
Cuan ingenua y cabrona es la ignorancia!!!