De novo, esta semana sufrimos a inoperancia da Xerencia. Comprometida na mesa de negociación a presentar un novo documento completo cos datos económicos precisos sobre os que traballar, manifestounos que non o tiña elaborado e a reunión programada deste venres non se levou a término pois dí que está a facer "unha proposta seria". A nos particularmente parecenos unha nova tomadura de pelo e as preguntas fanse obvias:
¿as anteriores non eran serias?
¿ónde está o compromiso do sr. reitor de concederlle prioridade á solución deste tema?
O venres foi o primeiro día de folga do PAS LABORAL da Universidade de Vigo e para mostra un botón: na Biblioteca de Torrecedeira os traballadores secundaron o paro de forma total e unhas 300 persoas que facían uso das instalacións abandonaron as mesmas de 20:00 a 22:00 horas. Logo, as instalacións seguiron abertas ata as 3:00 da madrugada. Damos dende aquí as grazas a todos-as pola súa sensibilidade cara o noso conflicto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario