Hoxe, decimoquinto día de peche as 12:56 o Comité de Folga emitiu un comunicado sobre a folga de mañá día 2 de Febreiro do que informamos de seguido:
COMUNICADO DO COMITÉ DE FOLGA:
De cara o paro convocado para mañá,2-2-07, informamos do seguinte:
1. Celebraremos ás 8:00 e ás 20:00 horas unha asemblea de traballadores por campus:
. Fronte o edificio de Ferro no campus de Ourense
. Fronte a entrada da E. U E. T. Forestais no campus de Pontevedra
. Na praza da reitoría no campus de Vigo .
. Na entrada da escola de Peritos en Torrecedeira
2. As persoas designadas para os servizos mínimos, deben permanecer no centro durante as horas do paro, de 8:00 a 10:00 en quenda de mañá e de 20:00 a 22:00 en quenda de tarde.
3. Non entorpecer nin impedir o acceso ó centro as persoas que non participen no paro, pero podedes informar amablemente das circunstancias do conflicto.
4. É preciso a participación de todos nestas accións para acadar o obxectivo dun Convenio Xusto coa maior celeridade
Un saúdo
Podedes levar algunhas cámaras dixitais e facer fotos para enviar ó noso blog ou ó correo@ aafr@uvigo.es. Tamén podedes facer fotocopias dos comunicados lidos polos nosos representantes no Consello de Goberno ou no acto de Santo Tomé.
Asistide as asembleas e arroupar os compañeiros-as que teñen que facer os servizos mínimos. Todos xuntos.
Grazas a todos-as.
POR UN CONVENIO XUSTO XA.
2 comentarios:
O comunicado do Reitor non di nada de permanecer nos centros, só fala de abrir e pechar
Os servizos xuridicos do peche afirman que os compañeiros que teñen que cubrir os servizos mínimos deben permanecer no centro de traballo, deixadevos de silicoñas, e non fagades tonterías que vos xogades algo máis que o cu
Publicar un comentario