lunes, 5 de febrero de 2007
Logo de 19 días de peche na reitoría, o Comité de Folga convoca ASEMBLEA INFORMATIVA PARA MAÑÁ DIA 6 DE FEBREIRO AS 10:00 no Aulario Aula 1.
É IMPORTANTE A TÚA PARTICIPACIÓN. ACUDE.
Estimados compañeiros:
Co obxecto de informar sobre as mobilizacións en curso e sobre o proceso de negociación do II Convenio o Comité de Folga convoca Asamblea Informativa, ó amparo do artigo 63 do actual convenio colectivo do PAS laboral da Universidadede Vigo, mañá martes día 6 de febreiro ás 10:00 no Aulario, Aula 1, coa seguinte orde do día:
* Información relativa ás mobilizacións e ó proceso de negociación do II convenio colectivo da Universidade de Vigo.
* Toma de Acordos
Un saúdo
Mañá día 6 terá lugar o segundo día de paro do PAS LABORAL da Universidade de Vigo. Igual co día 2 respectaránse os servizos mínimos e o resto de compañeiros faremos acto de presencia sin traballar. De 8:00 a 10:00 da mañá e de 20:00 a 22:00 pola tarde.
Hoxe mesmo o Comité de Folga reuniuse para tratar os diversos asuntos dos que informará mañá. Non deixes de pasar polo peche na reitoría para aclarar dúbidas ou aportar as túas ideas. Grazas de novo. En especial ó PAS LABORAL da Biblioteca Central de Ourense.
POR UN CONVENIO XUSTO.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario