Logo da reunión mantida coa Xerencia, e vista a "proposta feita" (ou despropósito feito) pola Universidade, unha representación do Comité de Folga entrevistouse co sr. Reitor no seu despacho durante máis de 30 minutos.
A estas alturas da tarde compre informarvos sobre dúas cousas importantes:
1.O COMITÉ DE FOLGA FAI CONVOCATORIA URXENTE DE ASEMBLEA XERAL PARA TODO O PAS LABORAL
DIA: 9 de febreiro
HORA: 11:00 horas
LUGAR: Sala I Edificio Miralles
ORDE DO DÍA 1. Debate e toma de acordos sobre a última proposta económica de xerencia (presentada hoxe 8 de febreiro e que podedes atopar na web do intercentros).
Proposta económica xerencia de 8 febreiro 2007.
2. A SECRETARíA XERAL Por orde do Excmo. Sr. Reitor Magnífico, comunícolle que, tendo recibido con posterioridade á convocatoria do día 14 de febreiro un escrito de varios claustrais no que solicitan sexa engadido un novo punto á mencionada convocatoria, resólvese, de acordo co artigo 13.2 do Regulamento de Réxime Interno do Claustro Universitario, que se engada un novo punto á mesma:
Punto 3.- Situación do conflito de negociación colectiva do convenio do PAS laboral.
jueves, 8 de febrero de 2007
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario