miércoles, 24 de enero de 2007

Aí vai a receta famosa....

(Foto: Pirata, por suposto, agora estou facendo de guardia de seguridade na Biblioteca de Torrecedeira e non teño acceso ao meu fondo fotográfico, de tódolos xeitos mellor pinta a ten o que fago eu, non é por nada)




TIRAMISÚ "Os Pechados"
Nivel de dificultade:
O pode facer perfectamente un grupo IV e III do Persoal Laboral da Universidade de Vigo.
Precio por persoa:
Co que cobra un Pas-Laboral só se pode degustar unha vez ao ano.


Ingredientes:
5 ovos / 5 culleradas de azucre / 2 terinas queixo "mascarpone" / café / licor / 1 paquete de biscoitos de " soletilla" (para algúns linguas de gato, mmmmmm.....) /chocolate para relar.
Preparación:
Mesturar nun recipiente 5 xemas, o queixo mascarpone e o azucre. Noutro aparello botades as claras e batedes nelas como se fose no xerente, e en pouquichiño tempo estarán no punto de neve. Mesturades co anterior. Logo colledes os biscoitos e logo de mollalos no café con licor (proporción segundo a marcha que queira coller loga cadaquén, ejem...) pois facedes unha capa. Sobre ela botades a metade da deliciosa mestura anterior e logo outra capa de biscoitos mollados ou emborrachados e por fin a derradeira capa da crema que vos quedou. E para rematar relades chocolate ou se sodes un pouco PAS-snobs usades unhas virutiñas de chocolate que xa venden en tódolos super. Un día -24horas- na neveira e.........listo, para levar ao PECHE. Ala que se note a lección e a facer postres que eu xa non teño ovos.
Beizóns dunha Pas Laboral de biblioteca en proceso de reciclase a cociñeira.

6 comentarios:

Anónimo dijo...

Ana, quedas nomeada tiramisera oficial do Peche. Hummmmmmm!
Por certo, ti non verías ó Xerente cos collós entablillados? Seica anda a pasear por Príncipe. Ji, ji

Anónimo dijo...

Ai del, ai del!

Ana Bande dijo...

O xerente está chateando con Urdaci porque quere promocionar a PasLaboralNPR...non quero ser mal falada pero.........dádesme unha envidia nenos....seguro que o estades a pasar DPM e eu aquí facendo de polibiblioconserveira, podiades vir ata aquí, veñaaaaaaaaa

Anónimo dijo...

Manolo, meu larpeiriño, vouche encarjar un feixe de tiramisues.

Anónimo dijo...

Ana vente paquí que te esperamos

Ana Bande dijo...

¿quen falou? Mirade como suba ata ahí e esteades a durmir xúrovos pola bola do campus que vos fago comer un tiramisú diario...