Bos días a todas-os, dende a reitoría seguimos contando días de peche Este é o nº 9. Hoxe teremos unha xornada intensa de Asemblea de Traballadores, reunión do Comité de Folga e asistencia ó acto de Santo Tomé.
Na Asemblea de traballadores (Facultade de Económicas /11:30) a orde do día será:
1. Accións a concretar por mor da realización do acto de Santo Tomé. Toma de acordos.
2. Información sobre as xornadas de folga. Toma de acordos .
Asemade, pregamos que todo o persoal veña provisto da súa bata (se dispoñe dela), pancartas, carteis, etc. ACUDE E PARTICIPA NAS MOBILIZACIÓNS ESTAMOS A LOITAR POLO CONVENIO DE TOD@S.
No hay comentarios:
Publicar un comentario