viernes, 26 de enero de 2007

Peche reitoría. Acto de Santo Tomas.Día 9













Hoxe as 11:30 no acto solemne de Santo Tomé na facultade de Económicas da Universidade de Vigo, os traballadores e traballadoras do Persoal Laboral leron os presentes o seguinte COMUNICADO :

Convidadas e convidados, prezados estudantes, profesores, restantes membros da comunidade universitaria, sr. Reitor.

Lamentamos ter que intervir neste solemne acto da universidade, da que tamén formamos parte, polas razóns que de seguido lles contamos

Os traballadores e traballadoras do PAS LABORAL da Universidade de Vigo, apoio imprescindible para a realización das actividades docentes, investigadoras e dos servizos á comunidade universitaria,despois de dous anos de fustrantes negociacións decidiron en asemblea iniciar un proceso de mobilizacións en demanda dun convenio xusto.
As nosas reivindicacións resúmense en:

- Homologación salarial.
- Promoción profesional.
- Efectos económicos de 1 de Xaneiro de 2005.
- Aplicación dun Convenio a todo o persoal laboral.

A esta situación chegamos porque a pesares da promesa electoral do sr. reitor de acadar un Convenio satisfactorio, este obxectivo cada vez está máis lonxe de materializarse. Isto a pesares do forte incremento no financiamento da Universidade de Vigo.
As ofertas retributivas resultan discriminatorias respecto das pactadas con outros colectivos do persoal da universidade.
Reclamamos por parte da Universidade unha maior e mellor valoración do labor e competencia profesional do seu persoal laboral.

O antedito motiva á convocatoria dos paros que comezarán o 31 de Xaneiro. Non obstante a situacion de conflicto na que nos atopamos, respectando a solemnidade deste acto, no que fundamentalmente se premia e recoñece o esforzo dos recen egresados e novos doutores, recollemos o compromiso do sr. Reitor de otorgarlle a máxima prioridade para acadar un acordo satisfactorio. E dando mostra da nosa responsabilidade como colectivo agradecemos a súa comprensión e solidariedade.

Retiramonos pois á espera da convocatoria prometida da Mesa de Negociación desexando que o sr. reitor saiba valorar este esforzo que realizamos.

O COMITÉ DE FOLGA

Vigo, 26 de Xaneiro 2007


GRAZAS A TODOS AS COMPAÑEIRAS -OS POLA MOSTRA DE RESPONSABILIDADE, SOLIDEZ E RESPETO CO ACTO DE SANTO TOMÉ E COA INSTITUCIÓN DA NOSA UNIVERSIDADE.

No hay comentarios: