miércoles, 24 de enero de 2007

Peche Reitoría.Cara un día máis de peche. Esperamos novas. Día 9
























Logo do Acto de Santo Tomé os pechados voltamos cara a Reitoría e o resto retornou o seu traballo cotían. Pola tarde tivo lugar unha reunión entre o Comité de Folga e a Xerencia De momento non hai acordo sobre servizos mínimos. Así nolo conta o propio Comité deFolga nun correo web da Universidade:
Estimados compañeiros/as:
Esta tarde vimos de ter unha reunión co Xerente en funcións, que nos trasladou aproposta da Universidade de servizos mínimos.Esta proposta foi rexeitada polo comité de folga.O martes 30 manteremos unha reunión para negociar o Convenio colectivo cunhanova proposta da Universidade, tanto no plano normativo como no retributivo.De calquera incidencia ou novidade que se produza vos manteremos puntualmente informados. Pregamosvos que non fagades caso de rumoroloxías.Un saúdoComité de Folga
Non se debe facer caso pois da rumuroloxía, teñamos paciencia e agardemos á información precisa do noso Comité de Folga.
Namentras, a xente sigue visitandonos na reitoría. Compañeiros de Pontevedra e incluso algún atrevido de Ourense . Momento de reflexión e revisión de existencias, planificación, colocación de novas pancartas,...
¡A , por certo!, temos un porrón de videos interesantes do momento da intervención no acto do noso patrón por cortesía do compañeiro Jose Antonio así como un breve pero significativo vídeo da colocación dalgunhas das pancartas e pérgolas do edificio de Económicas. Perfomance que agradecemos especialmente á parella ecolóxica e a súa cadeliña. En breve podremos dar conta deles.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Disque hai xente que xa non consilia na casa e vota de menos o ambientillo do peche.
Disque hai moitos que so se conosian de vista e ajora xa casi se queren un pouquiño.
Disque no peche se reparten abrasos e cariñitos atutiplé.

VÍNDEVOS!