jueves, 25 de enero de 2007

Perdón un inciso....¿que está a facer a OMA?

Compañeiros, perdoade este inciso pero é que hai dous días que me están chegando os berros e bágoas de compañeiros de filoloxía que choran outra vez polas súas árbores, outra tala bestial que nos deixa sen uns exemplares fermosos e con máis anos ca nos. Na derradeira tala dicían que se teñan un becho raro e perigoso para outras especies, agora parece que os cortan porque son perigosos, por se ven un temporal e algunha pola nos cae enriba...meu deus, esta OMA cada día supérase a sí mesma...Con voso permiso póñovos o cartel co que están a empapelar a facultade de filoloxía, os correos que nos mandan son para chorar, de verdade....non si aquí o caso levantar a tapa....¡viva a externalización dos sevizos!
ATENCIÓN
A O.M.A. DA TÚA UNIVERSIDADE
ESTÁ A ELIMINAR
O ARBOLADO MÁIS EMBLEMÁTICO DA FFT
EXECUTANDO UNHA
PODA SALVAXE
E INNECESARIA ALEGANDO
MOTIVOS DE SEGURIDADE.
NON LLO PERMITAS!

ENVÍA “NON A ELIMINACIÓN DAS ÁRBORES DA FFT”
a oma@uvigo.es

1 comentario:

Anónimo dijo...

Otro inciso: dice Arantxa que el lunes, aunque es festivo, abrirá a las 9,30 para los desayunos.