miércoles, 31 de enero de 2007

Peche Reitoría. COMUNICADO DO COMITÉ DE FOLGA LOGA DA REUNIÓN DO MERCORES 31.

O Comité de folga informa:
O pasado martes 30 de Xaneiro, o Comité de Folga mantivo unha reunión coa Xerencia. O señor Vicexerente, nos transmitiu que xa tiña a capacidade para negociar o convenio, e nos fixo chegar unha nova proposta de Convenio. Hoxe 31 de Xaneiro reunímonos de novo co Vicexerente para transmitirlle o noso análise da súa proposta. A proposta de articulado inclúe, normativa máis restrictiva, e segue a incluír artigos que son moi gravosos para o PAS L. A proposta retributiva que presenta e practicamente a mesma que rexeitou o 80% do persoal en referendo e afirmou que non é negociable. O Comité de folga insistiu que a proposta intersindical é unha proposta de mínimos. Deste xeito queda reflectida a intención da Universidade de non negociar nada con nos. Na reunión, lle transmitimos o noso rexeitamento frontal a esta proposta, e que o compromiso do Reitor non se vía reflectido en ningún punto. Ante a nosa demanda de que achegue unha proposta NEGOCIABLE o Vicexerente comprometeuse a maña Xoves 1 Febreiro enviala. Pola nosa parte queremos facer publico a determinación de estar dispostos a escoitalo ata o próximo Venres, data na que teremos unha reunión, mais esta será a derradeira oportunidade. E moi importante seguir mantendo a mobilización. En previsión de próximos acontecementos, para a xente que queira participar en futuras accións, abrimos unha lista na sede do peche na que nos podemos anotar e así facer unha organización eficiente. Un saúdo.
O comité de folga

3 comentarios:

Anónimo dijo...

ATE A VICTORIA SEMPRE!!!!!!

Unha aperta,
Foucelhas

Anónimo dijo...

Gracias por mantenernos informados !!.
Animo seguimos adelante .
GRACIAS

Anónimo dijo...

É o momento de estar mais unidos que nunca, de apoiar ós nosos representantes sindicais, foran cales foran as suas actuacións no pasado, e de facerlle ver á xerencia que non imos recuar.
Pasádevos polo peche!