jueves, 25 de enero de 2007

Peche Reitoría. Agardando comunicados do Comité de Folga. Día 8





Hoxe houbo unha reunión do Comité de Folga da que agardamos un comunicado que explique os pormenores do que ten ou non que facer cada traballador no seu posto.Tamén informará das accións a facer no día de Santo Tomé. Durante toda esta tarde-noite lanificaranse a sucesión de actos que poden acompañar á celebración do noso santo patrón.

Este é o texto da convocatoria de ASEMBLEA XERAL DO PERSOAL LABORAL:

O Comité Intercentros da Universidade de Vigo convoca a todo o persoal laboral que representa a unha asemblea xeral coa seguinte orde do día:

1. Accións a concretar por mor da realización do acto de Santo Tomé. Toma de acordos.

2. Información sobre as xornadas de folga. Toma de acordos

DÍA: 26 de xaneiro
HORA: 11:30
LUGAR: Facultde de Económicas

Solicitoúselle ao xerente que poña a disposición do persoal dos campus dePontevedra e Ourense os autobuses da universidade para facilitar a súa presenzana asemblea e o seu posterior regreso. Asemade, pregamos que todo o persoal veña provisto da súa bata (se dispoñe dela), pancartas, carteis, etc.ACUDE E PARTICIPA NAS MOBILIZACIÓNS ESTAMOS A LOITAR POLO CONVENIO DE TOD@S.

Seguiremos informando e traballando como fixeron hoxe no Cacti cambiándolle o nome ó edificio tal e como se aprecia na imaxe.

1 comentario:

Un pechado dijo...

eissssss compis...como vos boto de menos....Antonio, Manoli.....(abb)