miércoles, 31 de enero de 2007

Peche Reitoría. COMUNICADO DO COMITÉ DE FOLGA LOGA DA REUNIÓN DO MERCORES 31.

O Comité de folga informa:
O pasado martes 30 de Xaneiro, o Comité de Folga mantivo unha reunión coa Xerencia. O señor Vicexerente, nos transmitiu que xa tiña a capacidade para negociar o convenio, e nos fixo chegar unha nova proposta de Convenio. Hoxe 31 de Xaneiro reunímonos de novo co Vicexerente para transmitirlle o noso análise da súa proposta. A proposta de articulado inclúe, normativa máis restrictiva, e segue a incluír artigos que son moi gravosos para o PAS L. A proposta retributiva que presenta e practicamente a mesma que rexeitou o 80% do persoal en referendo e afirmou que non é negociable. O Comité de folga insistiu que a proposta intersindical é unha proposta de mínimos. Deste xeito queda reflectida a intención da Universidade de non negociar nada con nos. Na reunión, lle transmitimos o noso rexeitamento frontal a esta proposta, e que o compromiso do Reitor non se vía reflectido en ningún punto. Ante a nosa demanda de que achegue unha proposta NEGOCIABLE o Vicexerente comprometeuse a maña Xoves 1 Febreiro enviala. Pola nosa parte queremos facer publico a determinación de estar dispostos a escoitalo ata o próximo Venres, data na que teremos unha reunión, mais esta será a derradeira oportunidade. E moi importante seguir mantendo a mobilización. En previsión de próximos acontecementos, para a xente que queira participar en futuras accións, abrimos unha lista na sede do peche na que nos podemos anotar e así facer unha organización eficiente. Un saúdo.
O comité de folga

Peche Reitoría. SIGUEN NEGOCIANDO O COMITÉ DE FOLGA E XERENCIA.


As novas que nos chegan é que a reunión de negociación do convenio iniciada as 10:30 mantense aberta e continuará hoxe as 4 da tarde.
Grazas a todos aqueles membros da comunidade universitaria que persoalmente ou vía mail envían as súas adhesións e intentan saber a causa de que un colectivo tan amplo chegue á situación na que nos atopamos.

martes, 30 de enero de 2007

Peche Reitoría. 4000 VISITANTES. DÍA 14 SEGUIMOS E SEGUIREMOS O TEMPO QUE FAGA FALLA.







Noraboa a todos-as polas 4000 entradas no voso blog.

Ante o novo capotazo da Xerencia onde parece que sigue xogando a mudar os cartos de sitio e non por enrriba da mesa nada máis. Non apreciamos esforzo económico na proposta da xerencia e reafirmámonos nas reivindicacións expresadas pola Asemblea de traballadores expresadas ó reitor e á comunidade universitaria o día de Santo Tomé.

Vendo que esto se pode prolongar un tempiño máis, propoñémosvos buscar entre todos o Himno Oficial do Peche. Acéptanse todo tipo de suxerencias: versións, adaptacións, orixinais e puntos suspensivos.

Aviso a navegantes dende a nave Entrerprise Reitoría: O longo das distintas sortes do arte da tauromaquia, as veces, o touro elude o capote e arremete ó toreiro.

Hoxe continuará a reunión coa xerencia e teremos nova información.

POR UN CONVENIO XUSTO XA.

Peche Reitoría. Comunicado Comité Folga. Día 13

Podedes ver a proposta presentada pola xerencia na reunión de hoxe na web do Comité Intercentros. Mañán mercores 31 continuará a reunión entre a Comisión de Folga e xerencia as 10:30.
Logo da reunión mantida hoxe día 30 coa xerencia o comité de Folga comunicanos que:

Á vista da imposición por parte da Universidade de servizos mínimos para as xornadas de paro convocadas para os días 31 de xaneiro, 2 de febreiro, 6 e 8, o Comité de folga, tomou o acordo de:

1º Desconvocar o paro previsto para mañá día 31 de Xaneiro.

2º Presentar denuncia perante o xulgado por violación de dereitos fundamentais,opoñéndonos á imposición de servizos mínimos.

3º Presentar preaviso de folga para os días 13 de febreiro e 15 de febreiro.

4º O Comité de Folga é consciente de que ningún traballador debe saír prexudicado pola súa participación nas xornadas de folga, consecuentemente, o Comité de Folga, tan só proporá actuacións que teñan plena cobertura legal. Pregamosvos que o repartades entre os compañeiros, que esteades atentos os comunicados do comité de folga e non fagades caso da rumoroloxía.
O comité de folga


A DESCONVOCATORIA DO PARO PREVISTO PARA O DÍA 31 PRODÚCESE POR PRECAUCIÓN LEGAL E NON DEBIDO A QUE O TEXTO PRESENTADO POLA XERENCIA NOS DE RAZÓNS PARA SER DESMOBLIZADOS.
ESTO E UNHA PAUSA PARA SEGUIR EMPUXANDO TODOS.
CONVENIO XUSTO XA.
XERENTE SABEMOS SUMAR (e incluso algúns multiplicar).

Peche Reitoría. Reunións coa xerencia. Día 13.





















Gooooooood morning Uvigo!

Décimo terceiro día no castelo. A falta de fada madriña temos a voz de Louis (Amstrong ) para comezar a xornada. Recollidas as habitacións e co corpo reconfortado cun café matunino toca taichi e masaxe craneal. Logo, paseniño pero sen pausa, coma as formigas, cada quen o seu traballo. O longo do día está programada (continuación de) a reunión coa xerencia para falar dos servicios mínimos da folga que ven e tamén para que a xerencia presente os deberes que xa tiña que ter feito fai moitas xornadas. Esperemos que desta aplicarase "incluso orzamentariamente".

lunes, 29 de enero de 2007

O noso blog en Deakialli

Grazas Catuxa pola túa solidariedade con nós. Para os que aínda non a coñecedes vos direi que Catuxa é unha das editoras do blog Deakialli, un espazo de referencia non só para o sector bibliotecario senón da bibliosfera en xeral. Esta é a referencia que publica sobre nós.

Nos cuenta Ana Bande que el Colectivo de Trabajadores de la Universidad de Vigo (personal laboral), que se encuentran encerrados en la rectoria para denunciar su precaria situación laboral, han creado un blog para enseñar a todo aquel que quiera escucharlos como están las cosas y como van evolucionando (o involucionando) con el equipo de gobierno:
Por un convenio xusto: Os membros do Pas Laboral da Universidade de Vigo levamos xa dous anos reclamando un convenio xusto. Perante e presente situación de desprezo por parte do equipo do goberno, o colectivo de Pas Laborais decidimos comenzar un peche na Reitoría da Universidade. Esta páxina é unha canle de comunicación para que todos aportemos as nosas ideas e estar ao día nas incidencias que se produzan.
De nuevo un ejemplo más de la utilidad de los weblogs e situaciones de crisis e injusticias, un
blog denuncia, para gritar al mundo que aunque amenudo hablamos de la precariedad de los mileuristas, no podemos olvidar que a nuestro lado hay compañeros con muchos años de experiencia, valía y ganas de trabajar, que no llegar ni a los 1000 euros mensuales como nos dice Ana:
[…] hai persoal desta universidade que gaña 800€ ao mes. Bueno, eu mesma, bibliotecaria do grupo III, gaño exactamente 975 […] somos agasallados dende hai dous anos con ameazas de cambios de quenda por razóns de servicio, incremento de funcións por 20 euros ao mes […]
Y pese a la situación, las fuerzas no flaquean y aprovechan el encierro para enseñarnos con sus
post y fotos en el blog y los videos en youtube, la situación que están viviendo. Desde aquí nuestro apoyo POR UN CONVENIO XUSTO!!!

Peche Reitoría. A Universidade descansa. O PAS LABORAL mantense a espera. Día 12




















































































































































Aínda que a actividade universitaria hoxe non se deixa ver , os coches do PAS LABORAL á porta do CACTI dan fe de que respondendo o peche chegan dos tres campus os compañeiros. Grazas Arantxa por manter aberto o seu local para nos. Algún desaprensivo adicouse estes días a pintar a "Bola" . Este acto non é froito da actividade do PAS LABORAL.

domingo, 28 de enero de 2007

Peche Reitoría. Paseo polo campus. Dia 11




















Hoxe temos un bo día, o sol luce con forza e o Campus está tranquilo. Ideal para dar un paseo. Os que viñeron a disfrutar da comida fan a sobremesa e falan dos acontecementos que están por vir. A "Paciencia " e o tesón son bos compañeiros de viaxe sobre todo cando a razón pasea connosco.

Peche reitoría.Salvapantallas CONVENIO XUSTO.Comida de domingo. Día 11.













































Como xa sabedes moitos de vos o compañeiro Manuel Viceiro fixo un estupendo salvapantallas que enviou por correo @ . http://webs.uvigo.es/mviceiro/salvapantallasconvenioxusto.zip. Namentras reporemos forzas na praza da reitoría. O ambiente é distendido aínda que algúns xa amosan inquedanza e gañas de "jerra" Grazas a Sara, Oscar,David, Antía, e demáis rapaces...Non esquecemos á nosa cadeliña preferida Lola.