martes, 30 de enero de 2007

Peche Reitoría. Comunicado Comité Folga. Día 13

Podedes ver a proposta presentada pola xerencia na reunión de hoxe na web do Comité Intercentros. Mañán mercores 31 continuará a reunión entre a Comisión de Folga e xerencia as 10:30.
Logo da reunión mantida hoxe día 30 coa xerencia o comité de Folga comunicanos que:

Á vista da imposición por parte da Universidade de servizos mínimos para as xornadas de paro convocadas para os días 31 de xaneiro, 2 de febreiro, 6 e 8, o Comité de folga, tomou o acordo de:

1º Desconvocar o paro previsto para mañá día 31 de Xaneiro.

2º Presentar denuncia perante o xulgado por violación de dereitos fundamentais,opoñéndonos á imposición de servizos mínimos.

3º Presentar preaviso de folga para os días 13 de febreiro e 15 de febreiro.

4º O Comité de Folga é consciente de que ningún traballador debe saír prexudicado pola súa participación nas xornadas de folga, consecuentemente, o Comité de Folga, tan só proporá actuacións que teñan plena cobertura legal. Pregamosvos que o repartades entre os compañeiros, que esteades atentos os comunicados do comité de folga e non fagades caso da rumoroloxía.
O comité de folga


A DESCONVOCATORIA DO PARO PREVISTO PARA O DÍA 31 PRODÚCESE POR PRECAUCIÓN LEGAL E NON DEBIDO A QUE O TEXTO PRESENTADO POLA XERENCIA NOS DE RAZÓNS PARA SER DESMOBLIZADOS.
ESTO E UNHA PAUSA PARA SEGUIR EMPUXANDO TODOS.
CONVENIO XUSTO XA.
XERENTE SABEMOS SUMAR (e incluso algúns multiplicar).

1 comentario:

Anónimo dijo...

La casita de Elena informa de sus servicios mínimos para mañana miercoles:
2 chicas en jornada de mañana y tarde
4 chicas en jornada de noche y Manolo el portero que para empujar vale.
Sin más, se despide, la dirección.