jueves, 25 de enero de 2007

Peche Reitoría.Ulo Pas Laboral no DUVI ? Día 8.







A prensa local, e a prensa autonómica faise eco da problemática do Persoal Laboral da Universidade. Sen embargo a prensa da Universidade (DUVI)parece que non conta con fontes precisas para falar do tema. A día de hoxe parecen de maior interese os patos do Campus de Ourense, as novas especies de Opistobranquios ou as crónicas de onte e hoxe do ínclito Domingo Docampo


Vigo, 25 -01-de 2007 - Nº ESPECIAL PECHE REITORÍA

Análise da fauna da reitoría de Vigo O persoal laboral descobre catro novas
especies do grupo dos opistobranquios diante do despacho do reitor
Unha investigadora da Universidade axudada polo persoal laboral estudou 650 exemplares de moluscos opistobranquios, caracterizado porque a gran maioría non posúe cuncha e para adaptase ao medio desenvolve novos xeitos de defensa, como peches indefinidos, regurxitamentos de consignas e outros
Discursos a xeito de crónica dun peche anunciado
Temas de política universitaria pero tamén reflexións sobre o peche laboral. Cos discursos que conforman a compilación “Desprezos ó PAS laboral, 2005-2007”, Domingo Docampo retrata a desfeita das propostas de convenio dos últimos dous anos por parte da xerencia e o seu traspaso ó novo equipo reitoral

"Alberto Gago. Oito días na reitoría" Unha exposición que percorre a traxectoria vital do “peche laboral indefinido” A Universidade de Vigo acolle na reitoría unha mostra na que, a través de fotografías, pinturas, pancartas e obxectos persoais, se pode afondar nun dos grandes peches laborais do século XXI galego.

Os pascabreados chegaron ao campus de Ourense
Moitas parellas de PAS e oito días de peche .Os transeúntes que pasean habitualmente polo campus contemplaron a principios deste mes como unha peculiar familia de PAS laborais elixía o campus universitario como o seu fogar. Manifestaron a súa preferencia pola reitoría do campus de Vigo pero xa se atopaba ocupada por outros PAS laborais da mesma especie. Os PAS laborais están especialmente cabreados polo que se recomenda extremar a vixilancia

1 comentario:

Anónimo dijo...

Y ayer salisteis en la TVG